EnglishCool

TEACHING CENTER
Inglés (Reino unido)Español (Internacional)GalegoPortugués (Portugal)
Conversación
PDF Imprimir Correo-e

english conversation 1 tojpeg 1438007391286 x2(Rapazes/Rapazas e Adultos)

A comunicación é o principal obxectivo da aprendizaxe dun novo idioma, o que implica a habilidade para facerse entender nesa lingua e comprender o que outro interlocutor di.
O ensino dun idioma baséase en catro alicerces:
  - comprensión lectora
  - comunicación escrita
  - comprensión oral
  - comunicación oral
O ensino tradicional céntrase principalmente no desenvolvemento das dúas primeiras habilidades enunciadas anteriormente, tendo como consecuencia que a maioría de alumnos son practicamente incapaces de soltarse a falar, ben sexa por sentir unha certa vergoña, ben sexa polo pánico a cometer un erro.

O noso “Speaking Workshop” céntrase principalmente no desenvolvemento e mellora desas habilidades. A gramática, a lectura e a escritura son ferramentas necesarias e dirixidas a un único obxectivo: Falar!