EnglishCool

TEACHING CENTER
Inglés (Reino unido)Español (Internacional)GalegoPortugués (Portugal)
Francés
PDF Imprimir Correo-e

french course for english speakers• Escolares
• Rapaces / Rapazas
• Adolescentes

Pola experiencia que nos avala, estamos convencidos que a aprendizaxe dun novo idioma convértese nun plus para o desenvolvemento intelectual do noso alumnado, mellorando as súas expectativas futuras por ser quen de ter a opción de comunicarse dun xeito fluído, ademais de na súa lingua materna, noutros idiomas con calquera persoa e en calquera lugar.
Sen dúbida, o inglés é a súa prioridade por estar considerado como o idioma máis internacional, sendo empregado hoxe en día por un número moi significativo falantes.
Incorporamos tamén á nosa oferta educativa o francés. Neste momento é a segunda lingua estranxeira elixida pola maioría de estudantes. Factores culturais e económicos son determinantes á hora de decidirnos polo seu estudo, tendo ademais a sorte de compartir co galego, castelán e portugués parte do seu léxico e da súas estruturas, facilitando, polo tanto, o seu estudo e comprensión.
Pretendemos con isto que o alumno aprenda as linguas que lle serán de utilidade no futuro nun ambiente relaxado, mellorando rapidamente os seus resultados académicos.