Os nosos grupos de traballo, reducidos e homoxéneos, facilitan a integración e interacción entre os alumnos. O noso método está baseado na flexibilidade e adaptabilidade, polo que as nosas fichas de traballo son creadas exclusivamente para cada alumno ou grupo de alumnos, baseándose nas súas necesidades, ritmo de aprendizaxe e nivel. Cada alumno dispoñerá dunha área privada na nosa intranet, onde poderá atopar e traballar con diferentes materiais ou fichas didácticas, segundo a súa evolución. Así mesmo, será un medio de comunicación directo entre alumno/titor e o seu monitor. |